O 6 de outubro, na UOC en Barcelona, será o lanzamento oficial da plataforma SELF (Science Education and Learning in Freedom). A plataforma xa leva un tempo funcionando e xa vos falamos dela anteriormente.
SELF é un proxecto internacional que conta cunha plataforma para, dun xeito colaborativo, compartir e crear materiais libres para educación e capacitación en Software Libre e estándares abertos.
A Plataforma SELF difunde as vantaxes do uso de Software Libre e fornece materiais educativos e de capacitación para aprender o uso de aplicacións de Software Libre…
As aplicacións de Software Libre están dispoñibles en todos os campos e poden ser obtidas de moitas fontes. Para empregalas débese primeiro coñecer a súa existencia e valor práctico. Ademais, a falta de soporte técnico foi unha das razóns para xustificar o fracaso ou a demora na adopción de Software Libre. O cambio tecnolóxico real e de longo prazo dende o software privativo ao Software Libre só pode chegar cunha inversión en educación e capacitación.
A plataforma SELF é:
1. un repositorio con materiais de educación e capacitación libres sobre Software Libre e estándares abertos
2. un contorno de creación colaborativa para novos materiais
Máis información na anterior nova en Mancomun.org:
Nova de SELF de abril de 2007
Páxina oficial do proxecto:
http://selfproject.eu/es/project