Alfresco Software, un referente en xestión de contidos para empresas (ECM – Enterprise Content Management), vén de publicar unha serie de Gadgets de Google para que os seus usuarios poidan usar as funcionalidades do seu software desde a páxina iGoogle. Estes gadgets son mini-aplicacións que podemos colocar na nosa páxina principal de iGoogle e que nos dan acceso rápido a unha serie de servizos de Alfresco.
Deste xeito, a xente que traballa en xestión de coñecementos en entornos empresariais poderán xestionar, crear e editar contidos de negocios co obxectivo de incrementar o rendemento grazas ao acceso ás potentes capacidades ECM de Alfresco. Brinda a posibilidade de montar un portal ao gusto do usuario consistente nunha combinación ou mashup de contidos de fontes tanto internas como externas.
Os Gadgets están dispoñibles dende sourceforge e instálanse en catro pasos.
Fonte: Aplicaciones Empresariales