Está dispoñible, polo momento, en Inglés, Alemán e Francés.
Algunha das súas funcionalidades son:
Planificación de proxectos
-
Definición de proxectos e creación de estruturas xerárquicas de tarefas (WBS), sen límite de niveis, con actividades, fases, tarefas e fitos (milestones).
-
Creación de dependencias entre tarefas e entre proxectos.
-
Relacións entre subproxectos e o proxecto maestro con fluxos de información en ambos sentidos.
-
Xestión de propiedades avanzadas das tarefas como duración fixa, datas de comenzo/fin impostas, …
-
Permite a modificación manual do estado de cada tarefa.
-
Identificación do camiño crítico
-
…
- Definición de recursos como persoas, grupos, material ou gastos.
- Os recursos poden ter dispoñibilidade variable.
- Pódese reemprazar a asignación de recursos, se é necesario, mantendo a estimación de traballo.
- …
- Seguimento do estado, porcentaxe rematada e estimación para completalo.
- Ten múltiples opcións de visualización, diagramas de Gantt globais ou por fase, diagramas de PERT, lóxicos…
- Visualización personalizable incluíndo columnas, filtros, ordenacións …
- …
Open Workbench dispón dunha funcionalidade de autoplanificación que facilita a xestión de proxectos complexos. Aplica unha serie de regras que teñen en conta as restricións das tarefas, as dependencias, prioridades e restricións de recursos, xerando de xeito automático a mellor forma de completar o proxecto.
Na súa web teñen unha páxina na que aparece unha comparación das características comúns con Ms Project e as diferencias entre ambos, indicando o tipo de proxectos máis axeitados para cada un dos dous.
