Alternativa libre a Microsoft Project: Open Workbench

Open Workbench é unha aplicación de escritorio para sistemas Windows que, segundo se pode ler na súa web, é unha ferramenta robusta e madura para a xestión e planificación de proxectos. É libre e unha poderosa alternativa a Microsoft Project. Pódese distribuír por toda a empresa sen problema. Supera xa as 130.000 descargas.

Está dispoñible, polo momento, en Inglés, Alemán e Francés.

Algunha das súas funcionalidades son:

Planificación de proxectos

  • Definición de proxectos e creación de estruturas xerárquicas de tarefas (WBS), sen límite de niveis, con actividades, fases, tarefas e fitos (milestones).
  • Creación de dependencias entre tarefas e entre proxectos.
  • Relacións entre subproxectos e o proxecto maestro con fluxos de información en ambos sentidos.
  • Xestión de propiedades avanzadas das tarefas como duración fixa, datas de comenzo/fin impostas, …
  • Permite a modificación manual do estado de cada tarefa.
  • Identificación do camiño crítico
Xestión de recursos

  • Definición de recursos como persoas, grupos, material ou gastos.
  • Os recursos poden ter dispoñibilidade variable.
  • Pódese reemprazar a asignación de recursos, se é necesario, mantendo a estimación de traballo.
Seguimento de proxectos
  • Seguimento do estado, porcentaxe rematada e estimación para completalo.
  • Ten múltiples opcións de visualización, diagramas de Gantt globais ou por fase, diagramas de PERT, lóxicos…
  • Visualización personalizable incluíndo columnas, filtros, ordenacións …

Open Workbench dispón dunha funcionalidade de autoplanificación que facilita a xestión de proxectos complexos. Aplica unha serie de regras que teñen en conta as restricións das tarefas, as dependencias, prioridades e restricións de recursos, xerando de xeito automático a mellor forma de completar o proxecto.
Na súa web teñen unha páxina na que aparece unha comparación das características comúns con Ms Project e as diferencias entre ambos, indicando o tipo de proxectos máis axeitados para cada un dos dous.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal