Dvd::rip é unha ferramenta para facer copias completas de DVDs escrita en [[Perl]], ademais é multiplataforma. Permítenos controlar diversos aspectos do proceso de ripeo e transcodificado a través dunha interface de control feita con Gtk+ GUI. Para iso emprega o transcode, entre outros programas de Sotware Libre, que é unha aplicación de procesamento e codificación de vídeo e audio. Está licenzado baixo GPL / Perl Artistic License.
Algunhas das súas características son:
- Ripeo ao diso duro, ao voo ou a outra imaxe
- Seleccionar pistas de son, ángulos das vistas, múltiples títulos
- Codificado de son en diferentes formatos
- Diferentes métodos de redimensionado: rápido ou de boa calidade
- Previsualización no momento de facer o transcodificado
- Modo capítulos: permite ter un ficheiro por cada capítulo
- e máis…
