Aplicación de ripeo de DVD, dvd::rip

Dvd::rip é unha ferramenta para facer copias completas de DVDs escrita en [[Perl]], ademais é multiplataforma. Permítenos controlar diversos aspectos do proceso de ripeo e transcodificado a través dunha interface de control feita con Gtk+ GUI. Para iso emprega o transcode, entre outros programas de Sotware Libre, que é unha aplicación de procesamento e codificación de vídeo e audio. Está licenzado baixo GPL / Perl Artistic License. 

 Algunhas das súas características son:

  • Ripeo ao diso duro, ao voo ou a outra imaxe
  • Seleccionar pistas de son, ángulos das vistas, múltiples títulos 
  • Codificado de son en diferentes formatos
  • Diferentes métodos de redimensionado: rápido ou de boa calidade
  • Previsualización no momento de facer o transcodificado
  • Modo capítulos: permite ter un ficheiro por cada capítulo
  • e máis…

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal