Aplicación para consultas de dentistas baixo software libre.

Dental-On-Line é unha compañía francesa que vende hardware e software para consultas de dentistas que ademais ofrece asistencia e unha serie de servizos asociados.

Para eles, a consulta do século XXI dos dentistas incorpora un ordenador cunha interface de pantalla táctil no que se pode visualizar as placas de raios X dos pacientes, fotografías, historiais médicos, plans de tratamento e outra información, todo o cal debe ser mantido de forma segura e persistente.

Para este fin, DOL implementou unha interface para KDE sobre Debian Linux, que xera automaticamente backups pola noite e permite asistencia remota para os seus clientes. Todos os datos están dispoñibles nunha ampla variedade de formatos por se o cliente decide prescindir dos servizos de DOL.

As adaptacións que fixeron para Debian e KDE, para usalos co hardware de pantalla táctil, foron devoltas á comunidade de acordo coa licenza GPL. Recentemente lanzaron un Web site detallando os parches que desenvolveron para tal fin. Alí aparece código para Kontact, Konqueror, KDM e Ghostscript.

Máis información

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal