Mancomún

As bibliotecas públicas e as escolas belgas empregarán escritorios GNU/Linux

A biblioteca pública en Bélxica da cidade de Boom e dúas escolas nas cidades de: Laken (na escola «Gemeentelijke basisschool Handzame Regina Pacisinstituut») e Peer (na escola «Pieter Brueghel Basisschool») empregarán un ordenador con Ubuntu GNU/Linux que servirá seis escritorios.

Estes ordenadores teñen tamén seis pantallas e teclados conectados ao mismo, este sistema funciona igual que seis sistemas individuáis.

O sistema, deseñado pola empresa belga de servizos da información Linux-Services chámaselle multi seat computer system «sistema de ordenador multiasento». O fundador «Guy Duporteil» espera vender outros dez sistemas este ano. «As escolas e bibliotecas están moi interesadas, o sistema permite facer un importante aforro en hardware, enerxía e custos.»

O aforro en hardware estímase nuns 2000 euros, mentres que a enerxía estímase que se aforra en torno a uns 400 euros por ano segundo a empresa, facendo esta alternativa máis amigable co medio ambiente.

Ademáis, o uso dun sistema GNU/Linux, ademáis de abaratar custos, permite ser capaz de executar 6 sistemas de escritorio ao mesmo tempo cun custo computacional moito menor que se se empregase outro sistema operativo comercial.

Fonte: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7212/469

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal