Mancomún

Visto na páxina de GALPon:

«Seguindo (con certo atraso) o estipulado nos estatutos da nosa Asociación, convócase, para o SÁBADO DÍA 11 DE OUTUBRO EN «A COVA DOUS INTRES» (Rúa Romil 3, en Vigo), Asemblea Xeral Ordinaria en primeira convocatoria ás 17:00h coa seguinte orde do día:

  • Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
  • Examinar e aprobar a memoria de actividades
  • Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio 2007
  • Aprobación do plan de actividades

A continuación aproveitaremos para convocar tamén para o SÁBADO DÍA 11 DE OUTUBRO EN «A COVA DOUS INTRES» (Rúa Romil 3, en Vigo), Asemblea Xeral Extraordinaria en primeira convocatoria ás 19:00h coa seguinte orde do día:

  • Elección dos integrantes da Xunta Directiva
  • Modificación os Estatutos da Asociación
  • Cambio de domicilio social (artigo 4)
  • Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.galpon.org

A organización do evento dotará de especial protagonismo ao Software Libre cun espazo propio adicado a esta temática

Festigal08O Software Libre será un dos contidos estrela da sétima edición do Festigal, o “Festival de música, tendencias e diversidade de Galiza”, organizado pola Fundación Galiza Sempre e a asociación Galiza Nova entre os días 24 e 25 de xullo en Santiago de Compostela.

Este evento, coñecido especialmente polo seu programa de concertos vencellados á cultura galega, concede tamén especial relevancia a outros contidos e tendencias que están irrompendo con forza entre a sociedade galega. A este respecto, a organización disporá unha “galería de software”, na que se darán a coñecer distintas iniciativas desenvolvidas no eido do Software Libre en Galiza.

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Mancomún, estará presente nesta galería xunto co Grupo de Usuarios de Linux de Galicia (GLUG), o Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon) e a Asociación de Usuarios GNIX (AGNIX).

Mancomún aproveitará a súa participación no evento para promocionar e difundir a labor que dende a Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información se está a realizar no campo do Software Libre e distribuír de xeito gratuíto o DVD de ferramentas informáticas para a PEME. Este paquete de aplicacións, foi desenvolvido por Mancomún co propósito de satisfacer as necesidades informáticas básicas da PEME galega de xeito gratuíto e en galego, ao tempo que se daba a coñecer as vantaxes do Software Libre empresarial. Mancomún é ademais colaborador no evento, no seu compromiso por apoiar as actividades máis relevantes de divulgación do software libre en calquera ámbito e situación.

Así mesmo a galería de software prevé un interesante programa de actividades entre os que destacan a presentación da aplicación dun mundo virtual, ao estilo de Second Live pero baseado en tecnoloxías abertas, a exposición do proxecto Ainfogra e a Ainfovac (o día 25 ás 19:30 h.) ou a difusión do sistema de microblogging: Lareta .

Máis información: Festigal

Mergeant é un frontal para administradores de bases de datos e desenvolvedores de aplicacións de bases de datos. Mergeant ten como obxectivo facilitar a xestión de bases de datos a partir dunha interface gráfica sinxela.

O seu funcionamento é mediante un sistema de compoñentes (plugins), que permite manexar bases de datos MySQL, Postgres, SQLite, … (ver táboa de base de datos soportadas).

Mergeant é un compoñente de GNOME-DB que emprega as bibliotecas Libgda e Libgnomedb e a xestión das fontes de datos faise a través de ambas bibliotecas.

Calquera programa que utilice ditas bibliotecas beneficiarase das mesmas facilidades respecto de fontes de datos (glade, abiword, glom). As fontes de datos son configuradas no rexistro de GConf, e almacenadas no arquivo .libgda/config.xml no directorio home de cada usuario.

Características:

  • Permite modificar e facer consultas de selección sobre táboas.

  • Permite conexións a calquera base de datos baseadas na biblioteca Libgda.

  • Permite abrir varias conexións simultaneamente.

  • Utiliza o concepto de espazos de traballo, onde un espazo de traballo é unha fiestra onde se manipulan os datos que corresponden a unha conexión.

  • Extrae un dicionario de todos os obxectos estruturais presentes na base de datos (a primeira vez que se establece a conexión), e almacénao nun ficheiro para a próxima vez que se utiliza a conexión.

  • Sincroniza o dicionario coa estrutura real da base de datos.

http://www.mancomun.org/images/stories/mergeant-pantallazo.png

Pantallazo de mergeant en funcionamento

UbuntuUn ano despois de que Dell comezara a vender computadores co Ubuntu como sistema operativo, vemos que segundo informes da empresa xa venderon unhas 40.000 unidades, o que equivale a uns 220 equipos por día.

Hai que ter en conta, que a única publicidade que tiveron estas máquinas foi o “boca a boca”.  Estímase que un de cada 500 computadores que vende Dell ten Ubuntu, o que parece que é o bastante bo para Dell. Recordar que dende hoxe xa podemo facer os pedidos da nova versión de Ubuntu 8.04 vía shipit, e temos a posibilidade de pedir o cd para escritorio e servidor.

 

Fonte: Computerworld.com

           Cybernetnews.com

Ubuntuzilla é un script de python que permite aos usuarios de Ubuntu instalar as últimas versións de Mozilla Firefox, Mozilla SeaMonkey e Mozilla Thunderbird. O proxecto conta cun foro de soporte nos foros de Ubuntu na área de proxectos de terceiros onde animan a enviar calquera pregunta, comentario ou suxestión.

O proxecto naceu da necesidade dos usuarios de obter as últimas versións do software de Mozilla con actualizacións de seguridade ou con novas características que todavía non foran incorporadas aos repositorios oficiais…

Páxina do proxecto con instrucións de instalación do mesmo:
http://ubuntuzilla.wiki.sourceforge.net/

Un equipo multinacional de informáticos e enxeñeiros desenvolveron, baixo o paraugas do proxecto RepRap, unha impresora en 3D que foi capaz de autoreplicar parte dos seus compoñentes. Esta é a gran novidade deste prototipo, chamado Darwin, e que o fai diferente doutras impresoras en 3D que xa se comercializan. Un dos maiores intereses do proxecto RepRap é que esta tecnoloxía sexa totalmente accesible, por iso os seus creadores apostaron polo open-source para que, en teoría, calquera poida construír as súas propia impresora. Ao ser de código aberto, os desenvolvedores de software poderán mellorala constantemente.

 

O proxecto RepRap (Replicating Rapid-prototyper) desenvolveu un prototipo de impresora en tres dimensións capaz de replicarse a si mesma. Outra das particularidades desta impresora é que é de código aberto, é dicir, que está ao alcance doutros desenvolvedores de software para mellorala.

Unha impresora en 3D funciona construíndo ou «imprimindo» compoñentes sobre capas de plástico, principalmente poliácido láctico, que é un polímero biodegradable feito a partir de acedo láctico. A tecnoloxía xa existe, pero os modelos comerciais actuais son moi caros.

O equipo do proxecto RepRap, formado por informáticos de Nova Zelandia, Reino Unido e Estados Unidos, tomou como punto de partida a tecnoloxía xa existente, pero con algún cambio importante, xa que a súa proposta é que a impresora sexa capaz de «autoreplicarse», é dicir de imprimirse a ela mesma do mesmo xeito que fai con calquera outro obxecto. Deste xeito, o seu custo de produción redúcese moito e convértese nunha tecnoloxía totalmente accesible.

O proxecto partiu do enxeñeiro da universidade británica de Bath Andrian Bowyer, que é o seu inventor e a persoa que dirixe o equipo multinacional de investigación. O seu principal obxectivo ao empezar este proxecto era que as impresoras 3D estivesen ao alcance do maior número de persoas.

Os prototipos actuais roldan os 30.000 dólares (como o de Z Corporation) e cada centímetro cúbico impreso por un destes prototipos vén custar 2 dólares. A intención do proxecto RepRap é producir a máquina gratuitamente. Deste xeito, o custo de fabricación dun centímetro cúbico sería case testemuñal: de 0,02 dólares.

«Quérese facer a impresora accesible a calquera, inclusive a pequenas comunidades xa sexan do mundo en vía de desenvolvemento como do mundo desenvolvido», comenta o desenvolvedor de software Vik Olliver, que forma parte do equipo, en declaracións recollidas por Computerworld.

Ata agora hai sete copias da máquina RepRap no mundo e, polo momento, só usa dous tipos de plástico, o xa citado poliácido láctico, que é relativamente ríxido, e outro máis flexible para facer, por exemplo, a funda dun iPod.

Fonte: Laflecha.net

Visto no blogue do Ateneo Ferrolán:

«Estes sábado 26 e domingo 27 de abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria

O programa do Hack Meeting é o seguinte:

«Sábado 26
Mañá

  • 11:00hs. – Presentación das Xornadas. «Que é o Software Libre?»
  • 11:15hs. – Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
  • 12:00hs. – INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartíndoo ou non con Windows.

Tarde

  • 16:30hs. – Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus…
  • 19:00hs. – Ferramentas libres para streaming de son e video.

http://www.mancomun.org/images/stories/hackmeeting.jpg

Domingo 27
Mañá

  • 11:00hs. – LTSP: Reciclaxe de computadores como terminais lixeiras en GNU/Linux.
  • 12:00hs. – A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo.

Tarde

  • 16:30hs. – Edición de video con Cinelerra e proxección de video GNU/Linux.»

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2008/04/3-hack-meeting-gnulinux.html

http://www.mancomun.org/images/stories/opensuse.jpgNas roldas de correo de openSUSE atopamos o seguinte anuncio:
«O equipo de openSUSE está orgulloso de presentar a nova versión de openSUSE Build Service (OBS). Esta nova versión ofrece un novo nivel na escalabilidade a OBS grazas á nova funcionalidade que é a habilidade de interactuar entre diversas estancias de OBS.

A versión 0.9 axudará a crear a unha rede global de instancias de OBS que interactuarán entre elas e detectarán se determinado proxecto está residindo xa en outra instancia de OBS. As novas instalacións de OBS estarán configuradas por defecto para traballar co servizo de compilación principal de openSUSE. Esto fará máis sinxelo a instalación de novos servizos e diminuirá o tráfico de rede ao mesmo tempo que mantén os datos sincronizados automaticamente…»

Esta versión 0.9 tamén engade a funcionalidade de automaticamente crear paquetes multilibrería usando baselib para arquitecturas de procesadores que soportan binarios de 32 e 64 bits.

Podes ler toda a información sobre esta nova versión de OBS no anuncio do seu lanzamento:
http://lists.opensuse.org/opensuse-announce/2008-04/msg00008.html

Open Dialect é un IDE libre para desenvolvementos Flash en GNU/Linux feito en [[C#]] usando o framework [[.Net]] 2.0. Aínda está nunha versión 0.2 e só está dispoñible para GNU/Linux, pero xa permite a creación e proba de ficheiros .SWF . Podes ver un exemplo de Open Dialect en acción en http://www.t21northamerica.com/T21NorthAmerica.html

Podes descargar o código, instalalo e seguir a súa evolución a través da web oficial.

 

Fonte: Diariolinux.com

OpenOffice.org 3 logo betaO OpenOffice.org 3 Beta en galego xa está dispoñible para descarga. E ademais conta cunha interface totalmente traducida ao galego grazas ao traballo de todos aqueles voluntarios que durante o Xuventude Galiza Net 08 colaboraron na tradución da interface a través da aplicación web Entrans.
Esta versión é unha Beta polo que non se recomenda a súa instalación a usuarios sen experiencia xa que non é unha versión estable.
Hai xa unhas semanas falamos das futuras características do OpenOffice.org 3, aínda non están todas implementadas; pero van camiño de facelo e aínda quedan uns meses para a súa versión final
 

As versións dispoñibles son para plataformas Linux (en formato RPM, aínda que co comando «alien» podemos exportalos a DEB), Windows e Solaris Sparc e Solaris Intel:

Para todos aqueles usuarios que proben esta versión e atopen calquera problema tanto coa súa tradución ao galego como de funcionamento, por favor pregamos no lo notifiquen a través dos foros da web.

 
Capturas de pantalla do OpenOffice.org 3 Beta en galego (premer para ver máis grande):

 Ventá de presentación da aplicación:http://www.mancomun.org/images/OOo3/main_menu.jpg

Novo estilo para as follas de cálculo: http://www.mancomun.org/images/OOo3/oo3_calc1.jpg

 Novas opcións á hora de exportar á PDF:
http://www.mancomun.org/images/OOo3/oo3_pdf.jpg

Importar ficheiros .docx de Microsoft Office 2007:
http://www.mancomun.org/images/OOo3/oo3_docx.jpg

Nova opción de traballo con múltiples páxinas a un tempo (abaixo á dereita):
http://www.mancomun.org/images/OOo3/oo3_multipage_view_small.jpg

NOTA: Dicir que esta versión polo de agora conta cun pequeno erro e é que non funciona o motor de corrección ortográfica do OpenOffice.org na súa versión para Linux (isto non pasa na versión para Windows), problema que estará solucionado na próxima compilación.

 

O anuncio nas listas de desenvolvemento de OpenOffice.org:
http://l10n.openoffice.org/servlets/ReadMsg?list=dev&msgNo=9087

O Open Source Census é un novo proxecto que pretende ofrecer estatísticas completas e concretas acerca da adopción de Software Libre en todos os países do mundo.

A través da web www.osscensus.org, todo o que o desexe, tanto empresas como usuarios, pode acceder a un completo compendio de estatísticas que se irá actualizando grazas á colaboración dos propios usuarios.

Para contribuír tan só hai que usar unha ferramenta que escanea o computador en busca de Software Libre instalado e subir os resultados á web. Os que o fagan poderán acceder a informes detallados sobre o uso que se lle dan a estos programas, así como comparativas cos datos de outras empresas similares…

Este tipo de ferramentas baseadas na filosofía 2.0 poden ser de grande utilidade para as compañías xa que poden axudar ás empresas a tomar certas decisións de negocio grazas á colaboración entre elas e sen necesidade de consultar a terceiros.

Fonte:
http://www.vnunet.es/es/vnunet/news/2008/04/16/open_source_census_abre_sus_puertas

http://www.mancomun.org/images/stories/hackontest.pngO «Hackontest» é un concurso de programación organizado por un grupo de usuarios suízo e esponsorizado por Google. Hackontest é unha competición de programación de 24 horas de duración. Na competición compiten 3 equipos de distintos proxectos de Software Libre. Os seus obxectivos son mellorar diversos proxectos en Software Libre de acordo as necesidades dos usuarios e demostrar ao público o entusiasmo dos desenvolvedores en Software Libre.

Comezando este mes, os usuarios e desenvolvedores de proxectos en Software Libre xa poden envíar aquelas necesidades futuras dos seus proxectos favoritos, puntualas e/ou comentalas.

A lista de proxectos presentados actualmente pódese consulta na seguinte ligazón: http://www.hackontest.org/. Entre os proxectos xa rexistrados destacan Ubuntu, TYPO3, phpMyAdmin, Moodle, OpenOffice.org, Debian, Squeak!, Scribus e Gnome

O día 1 de agosto, o xurado do Hackontest elixirá aos tres equipos máis prometedores que viaxarán a Suíza o 24/25 de setembro para participar na competición que terá lugar na OpenExpo Zürich 2008. O xurado estará formado por dez programadores de renome como Jeremy Alison (creador de Samba), Bruce Perens (fundador da Open Source Initiative), Alexander Limi (fundador de Plone) e Jono Bacon (líder de comunidades de Ubuntu).

 

http://www.mancomun.org/images/OpenOffice/calc.jpg O vindeiro día 21 de abril comeza o curso de «Folla de Cálculo II» en Valga, curso que será impartido pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración con Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre.
O curso está dirixido á mulleres e desenvolverase desde o próximo día 21 de abril até o 19 de maio de luns a venres en horario de tarde (20:00 – 22:00) na Aula de Informática de Cordeiro (Ferreirós nº 1, Cordeiro, Valga)…

Con esta nova convocatoria formativa preténdese achegar ao emprego desta ferramenta libre como alternativa viable ao uso de software privativo.

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.pngNo futuro non haberá novas versións de LinEx-Edu distintas ás de Debian-Edu. As versións para Educacións de ambas distribucións de software libre integrarán as mesmas aplicacións, que ademais serán desenvoltas a través de fórmulas colaborativas aínda máis afinadas. Esta é unha das conclusións que destacan os técnicos da Junta de Extremadura participantes na Work Sessions Extremadura 2008 que reuniu a fin de semana pasada na capital autonómica a dezasete dos integrantes do equipo de traballo de Debian-Edu procedentes de seis países distintos…

Para o equipo técnico estremeño que ata agora se encargou de garantir a evolución do paquete LinEx-Edu, a decisión foi recibida como unha moi boa noticia. Un dos desenvolvedores de gnuLinEx do Centro de Nuevas Iniciativas da Junta de Estremadura, César Gómez, asegura que «deste xeito non só se pon á nosa disposición unha infraestrutura técnica moi ben montada como é a de Debian, senón que se unifican definitivamente os métodos de tratamento de reporte de fallos ou do testado técnico das aplicacións co que se afianzan as melloras».

En Debian nunca se puxeron datas tope para ter listas as súas novas versións; «publícanse cando están listas», como adoitan dicir, aínda que a semana pasada ningún dos asistentes á reunión consideraba que podía alargarse máis aló de «uns meses» sabedores de que hai escolas en Alemaña, Francia ou Estremadura que dependen de que o proxecto Debian-Edu salga á luz nun tempo razoable. Esta sería a primeira das súas versións, xa que logo, que integre as aplicacións que agora só se atopan en LinEx-Edu.

No balance da reunión os organizadores destacan así mesmo o resultado das probas realizadas con terminais lixeiros, «que serán moi útiles se prospera a idea de dotar á Secundaria estremeña dun computador por alumno» .

Ademais o noruegués Alf Tonny Batz falou da integración de aplicacións de audio como Rosegarden e Audacity en Debian e o alemán Henning Sprang expuxo así mesmo os últimos avances no sistema FAI para instalacións masivas da distribución libre.

A Work Sessions Extremadura 2008 permitiu así mesmo a celebración de reunións de coordinación entre responsables de diferentes infraestruturas técnicas educativas. O alemán Kurtz Gramlich, líder de SkoleLinux-Alemaña, por exemplo, mantivo ese tipo de encontros con representantes da educación estremeña.

É a terceira vez desde 2006 que os desenvolvedores de Debian-Edu reúnense en Estremadura. A primeira en Jarandilla de la Vera e as dúas últimas en Mérida «o que demostra o valor que se concede no mundo á experiencia da rexión con respecto ao software libre en Educación».

Fonte:
http://www.laflecha.net/canales/softlibre/noticias/desarrolladores-de-software-libre-acuerdan-unificar-las-versiones-de-debian-edu-y-linex-edu-para-extremadura/

http://www.mancomun.org/images/stories/wikimania2008.pngEste ano, Alejandría será a sede de Wikimania 2008, evento que se celebra para os usuarios de Wikis xestionados pola Wikipedia Foundation. Esta será a cuarta edición deste evento internacional, que este ano se celebrará concretamente na nova e prestixiosa biblioteca de Alejandría durante os días 17, 18 e 19 de xullo.

Ademais a Fundación Wikimedia, como organizadora oficial, ofrece un número limitado de becas para axudar aos asistentes a mitigar parte dus custes para asistir á Wikimanía 2008.

Máis información nos seguintes enderezos:

http://wikimania2008.wikimedia.org/wiki/Main_Page
http://wikimania2008.wikimedia.org/wiki/Scholarships/es

http://www.mancomun.org/images/stories/gpul_10.pngVisto na páxina de GPUL:

«O ano pasado en GPUL decidimos organizar unhas das actividades máis arriscadas da nosa historia.Non dependíamos de ponentes internacionais, nin era un evento de varios días. Nin sequera esixía unha gran preparación técnica pola nosa parte. ¡Eran unhas xornadas de iniciación!
A nosa asociación nunca organizara unhas actividades fora da Facultade de Informática, o cal facía que non superamos canta xente estaría interesada.
A nosa sorpresa o comprobar como a asistencia superaba con moito as nosas expectativas, e ademáis con asistentes que tiñan un grande interese, foi maiúscula. Así que, ¿Cómo non íamos querer repetir a experiencia?»

Podes consulta o cartel co programa das xornadas na seguinte ligazón:
http://fid.homelinux.org/gpul/ferrol2008/cartel.jpg

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal