Crean unha impresora 3D con Software Libre capaz de autoreplicarse

Un equipo multinacional de informáticos e enxeñeiros desenvolveron, baixo o paraugas do proxecto RepRap, unha impresora en 3D que foi capaz de autoreplicar parte dos seus compoñentes. Esta é a gran novidade deste prototipo, chamado Darwin, e que o fai diferente doutras impresoras en 3D que xa se comercializan. Un dos maiores intereses do proxecto RepRap é que esta tecnoloxía sexa totalmente accesible, por iso os seus creadores apostaron polo open-source para que, en teoría, calquera poida construír as súas propia impresora. Ao ser de código aberto, os desenvolvedores de software poderán mellorala constantemente.

 

O proxecto RepRap (Replicating Rapid-prototyper) desenvolveu un prototipo de impresora en tres dimensións capaz de replicarse a si mesma. Outra das particularidades desta impresora é que é de código aberto, é dicir, que está ao alcance doutros desenvolvedores de software para mellorala.

Unha impresora en 3D funciona construíndo ou «imprimindo» compoñentes sobre capas de plástico, principalmente poliácido láctico, que é un polímero biodegradable feito a partir de acedo láctico. A tecnoloxía xa existe, pero os modelos comerciais actuais son moi caros.

O equipo do proxecto RepRap, formado por informáticos de Nova Zelandia, Reino Unido e Estados Unidos, tomou como punto de partida a tecnoloxía xa existente, pero con algún cambio importante, xa que a súa proposta é que a impresora sexa capaz de «autoreplicarse», é dicir de imprimirse a ela mesma do mesmo xeito que fai con calquera outro obxecto. Deste xeito, o seu custo de produción redúcese moito e convértese nunha tecnoloxía totalmente accesible.

O proxecto partiu do enxeñeiro da universidade británica de Bath Andrian Bowyer, que é o seu inventor e a persoa que dirixe o equipo multinacional de investigación. O seu principal obxectivo ao empezar este proxecto era que as impresoras 3D estivesen ao alcance do maior número de persoas.

Os prototipos actuais roldan os 30.000 dólares (como o de Z Corporation) e cada centímetro cúbico impreso por un destes prototipos vén custar 2 dólares. A intención do proxecto RepRap é producir a máquina gratuitamente. Deste xeito, o custo de fabricación dun centímetro cúbico sería case testemuñal: de 0,02 dólares.

«Quérese facer a impresora accesible a calquera, inclusive a pequenas comunidades xa sexan do mundo en vía de desenvolvemento como do mundo desenvolvido», comenta o desenvolvedor de software Vik Olliver, que forma parte do equipo, en declaracións recollidas por Computerworld.

Ata agora hai sete copias da máquina RepRap no mundo e, polo momento, só usa dous tipos de plástico, o xa citado poliácido láctico, que é relativamente ríxido, e outro máis flexible para facer, por exemplo, a funda dun iPod.

Fonte: Laflecha.net

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal