Fonte: Todo-linux.com
Fonte: Todo-linux.com
Canonical, empresa que está detrás da distribución Ubuntu, ven de anunciar o desenvolvemento dunha nova versión de Ubuntu, especialmente adaptada aos dispositivos móbiles e con tecnoloxía táctil.
Unha distribución de Linux especialmente deseñada para os procesadores Silverthone de Intel e que contén avanzadas funcionalidades con elementos táctiles similares aos do iPhone.
Outras características serán soporte de xestos, teclado en pantalla, totalmente compatible 3G, WiFi, WiMAX, GPS, cámara web, etc… (máis especificacións)
Estará baseado en Gnome e todas as aplicacións incluídas na distribución serán baseadas en Software Libre…
Espérase que a primeira versión da mesma estea dispoñible a partir da saída da próxima Ubuntu (8.04 LTS) no próximo mes de abril.
A Campus Party celebra este ano a súa 12ª edición, coma sempre en Valencia, aínda que este ano tamén se celebra en máis países, como por exemplo en Brasil e Colombia.
Aquí celebrarase dos días 28 de xullo ao 3 de agosto e contará dentro do seu programa con actividades relacionadas co Software Libre:
A Campus Party está recoñecida como un dos maiores eventos de entretemento electrónico en rede do mundo e vense realizando desde o ano 1997 e durante todos estes anos acudiron ao evento personalidades como Stephen Hawking, Nicholas Negroponte, Marcelo Tosatti ou Mark Shuttleworth.
A empresa galega Quobis Networks, con sede en O Porriño, vén de converterse en Authorized Reseller de Digium®, compañía creadora de Asterisk®. O acordo é válido para España, Francia, Portugal, Italia e Marrocos, países nos que Quobis xa está a traballar para compañías internacionais.
Quobis leva xa anos prestando servizo a administración públicas e empresas no eido das redes de comunicación de nova xeración. Conta pois cunha ampla experiencia na implantación de servizos baseados en [[SIP]], fundamentalmente con solucións de código aberto.
Fonte: Quobis Networks
Celestia é un proxecto de código aberto de simulación do espazo que permite explorar o noso universo en tres dimensións,creado por Chris Laurel e inclúe soporte para [[OpenGL]] baixo a licenza [[GPL]]. A gran diversidade deste programa proporciona figuras como os planetas do Sistema Solar, satélites, galaxias, tamén se inclúen constelacións e datos precisos sobre as súas coordenadas de localización.Algunhas das súas funcións son:
Fonte: Ubuntuarte.com
APTonCD é unha ferramenta cunha interface gráfica que permite a creación de un ou varios CDs ou DVDs con todos os paquetes que se descargaron a través de apt-get ou aptitude, téndoos dispoñibles para utilizar noutros computadores.
APTonCD permitirá crear automaticamente un CD/DVD con todos os paquetes localizados dun repositorio específico para poder instalar en contornos nos que non se dispón de conexión á Internet. Unha ferramenta moi útil para o mantemento de aulas de ordenadores.
O software está localizado ao galego grazas a contribución de Manuel Meixide.
Outras características de APTonCD son:
Na sección de descargas da web, podedes atopar o boletín de novas en formato PDF correspondente á semana do 18 ao 22 de febreiro e que foi enviado o venres pasado aos usuarios rexistrados do portal.
Este é o segundo boletín en formato PDF, que vai maquetado para poder imprimilo correctamente.
Unha das novas máis destacadas deste boletín foi que «O galego terá a súa primeira versión oficial do Mailman coa saída da próxima versión 2.1.10«.
Calquera suxestión sobre o formato ou contido do mesmo enviádenola ao enderezo mancomun@mancomun.org
Movistar publicou unha edición libre e gratuíta para Linux do seu Escritorio Movistar para conexións 3G/HSDPA,parecida ás existentes para Windows e Mac OS X, que permite xestionar as conexións e acceder en mobilidade a varios servizos de datos e realizar conexións desde múltiples dispositivos como son un portátil, unha PDA ou mediante o teléfono móbil.
A ferramenta está desenvolvida en Python e publicada baixo a licenza GPLv2 ou superior (con partes cubertas baixo a LGPLv2.1 ou superior)…
Máis información na fonte orixinal da nova en:
http://softlibre.barrapunto.com
Estarán presentes empresarios do sector de Software libre do resto do país. Posteriormente, o CENATIC celebrará, xunto a ASOLIF, unha sesión de traballo destinada a empresas do sector das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) de Estremadura.
Fonte: Noticiasdot.com
O proxecto R UCA, no que se enmarca a creación deste libro, naceu a través da Oficina do Software Libre e do Coñecemento Aberto (OSLUCA).
O esquema de presentación dos temas inclúe unha breve descrición dos conceptos, a resolución dunha serie de exemplos coa axuda de R e unha proposta de exercicios para avaliar os coñecementos adquiridos.
Ao obxecto de facilitar o uso do software, os primeiros capítulos están soportados basicamente sobre a interface R-Commander, para, de forma gradual, ir introducindo no intérprete de instrucións expresións construídas directamente, en parte por necesidade e en parte por motivos estratéxicos, posto que para entón considerase que os lectores estarán ben familiarizados coa sintaxe das expresións de R.
Pretende ser o punto de entrada ao código fonte das contribucións da comunidade, incluÃndo Flex e BlazeDS.
No portal publicaranse novas e permitirase a comunicación cos principais bloggers estando ao dÃa das tecnoloxÃas de Adobe. Ademais conta con outros servizos como foros, aloxamento de proxectos baseados en tecnoloxÃas de Adobe, wiki, subversion, documentación, …
Polo momento os proxectos que podemos atopar son:
Anuncio do portal: Adobe Open Source
O centro Comarcal do Barco de Valdeorras, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, iniciará o vindeiro mércores día 27 un obradoiro de iniciación ao OpenOffice Impress para a asociación Vagalume.
Con este obradoiro preténdese que os asistentes adquiran uns coñecementos básicos do manexo e funcionamento do OpenOffice Impress, e que poidan facer as súas propias presentacións.
O obradoiro, que será impartido pola dinamizadora do Centro Comarcal de Valdeorras, dará comezo o mércores día 27 do mes de febreiro até o martes día 4 do mes de marzo en horario de 20:00 a 21:00 horas, na aula audiovisual do Concello do Barco de Valdeorras (Praza do Concello nº2)…
Atopamos este interesante curso on-line sobre produción musical a través de ferramentas libres en GNU/Linux.
O curso consta de 5 capítulos nos que se traballa coas seguintes aplicacións:
Aínda que vén de publicarse na rede, este curso escribiuse no 2005 para a súa publicación na revista Personal Computer & Internet.
Mais, como di Pau Arumí, un dos seus autores,no seu blogue no anuncio da publicación do curso, aínda que dende hai tempo tiña o permiso da revista para publicalo on-line, non tivera tempo para o facer.
Obviamente, recoñece que algunhas aplicacións sufriron cambios dende entón pero cre que pode servir igualmente para aprender o manexo básico. Está aberto a calquera suxestión ou comentario sobre o mesmo, e aínda que en principio non entra nos seus plans actualizalo, non desbota facelo se recibe colaboracións.
Fonte: Genbeta
Visto na páxina de GALPon:Desta vez a novidade e que non se fai unha configuración de software única a partir de Guadalinex Mini, senón que en función das necesidades dos demandantes, ademais de axustar as características dos equipos, axústase o software instalado.
Como particularidade, nestes momentos hai unha serie de equipos que só son validos para «mergulladores na rede» e pouco máis, pouco procesador, pouco disco ríxido, aínda que con 64 MB de RAM, a mágoa e que esta RAM é EDO, polo que o seu rendemento pode enganar se pensamos noutros usos…»
«Dispoñemos tamén se escáneres e impresoras láser, que se adxudicarán en función das necesidades de cada proxecto.
A información da convocatoria, na páxina oficial:
http://webs.uvigo.es/gruvi
Como sempre, o Software instalado será Libre, nomeadamente GNU/Linux segundo as especificacións de GALPon que é o responsable deste eido.»
OOoLilyPond é unha macro para OpenOffice.org que simplifica a inserción e edición de partituras no OpenOffice.org Writer, Impress e Draw. Pódese empregar para escribir un libro sobre a teoría da música ou escribir exercicios para instrumentos de música ou voces que deben ser comentados con texto.
A notación musical pódese inserir empregando a linguaxe de LilyPond e posteriormente incrústase a imaxe do pentagrama no documento de OpenOffice.org.
Leva un tempo familiarizarse coa linguaxe coa que traballa LilyPond, pero unha vez aprendida, as pezas de música créanse moito máis rápido que con calquera outro software. Existen aplicacións que traballan como frontais para lilypond e facilitan a creación de partituras dun modo gráfico, este é o caso de Denemo ou Rosegarden.

Pantallazo de OOoLilyPond, OpenOffice.org e Denemo traballando conxuntamente.
OooLilyPond pódese descargar dende Sourceforge e a súa instalación é moi sinxela.
Na seguinte ligazón pódense ver as estatísticas da progresión no uso de Firefox:
Fonte: Ousli
Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal