OooLilyPond, complemento para escribir partituras musicais co OpenOffice.org

OOoLilyPond é unha macro para OpenOffice.org que simplifica a inserción e edición de partituras no OpenOffice.org Writer, Impress e Draw. Pódese empregar para escribir un libro sobre a teoría da música ou escribir exercicios para instrumentos de música ou voces que deben ser comentados con texto.

A notación musical pódese inserir empregando a linguaxe de LilyPond e posteriormente incrústase a imaxe do pentagrama no documento de OpenOffice.org.

Leva un tempo familiarizarse coa linguaxe coa que traballa LilyPond, pero unha vez aprendida, as pezas de música créanse moito máis rápido que con calquera outro software. Existen aplicacións que traballan como frontais para lilypond e facilitan a creación de partituras dun modo gráfico, este é o caso de Denemo ou Rosegarden.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/lilypond-screenshot.png

Pantallazo de OOoLilyPond, OpenOffice.org e Denemo traballando conxuntamente.

 

OooLilyPond pódese descargar dende Sourceforge e a súa instalación é moi sinxela.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal