Call for papers para as "II Xornadas de software libre na USC"

O comité organizador das “II Xornadas de software libre na USC” que organiza a «Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela, Aulusc» xunto co «Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, Glug». fixo pública a convocatoria para a presentación de relatorios e obradoiros.

“A partir de hoxe ábrese o prazo para a presentación de relatorios e obradoiros para as «II Xornadas de software libre na USC» que terán lugar O 19, 20 e 21 de setembro deste ano nas Universidade de Santiago.

 

Estas xornadas están organizadas pola «Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela, Aulusc» xunto co «Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, Glug».

As Xornadas de Software Libre na USC naceron como un evento de referencia para a intercolaboración dos LUGs galegos, co obxectivo de intercambiar experiencias, presentar relatorios e obradoiros referentes ao Software Libre. Este ano, igual que o anterior, a temática principal versará sobre redes en GNU/Linux e outros sistemas libres, aínda que está aberta a calquera outra proposta de interese.

Os principais temas de interese son os seguintes:

  • Servizos de redes: servidor de correo, DNS, Web, compartimento de ficheiros, autenticación,…

  • Balanceo de carga en redes

  • Seguridade en redes: securitización dun servidor ou servizos, IPTables, VLANs, seguridade en redes sen fíos,…

  • Tecnoloxías de redes: redes WiFi, WiMax, UMTS/HSDPA,…

  • Instalación e configuración de Clusters.

  • Ferramentas de virtualización: Xen, QEMU,…

  • E outros que se vos ocorran sobre a mesma temática.

Sobre o formatos dos traballos existen dúas posibilidades: obradoiros e relatorios. Os obradoiros deberán ter un carácter práctico cunha duración de entre tres e catro horas. As propostas de obradoiros deberán especificar os requisitos de hardware e software precisos ou aconsellables para a sua realización. Os relatorios terán unha extensión de dúas horas aproximadamente.

O prazo para presentar as contribucións nos temas de interese mencionados poderán abrangue dende o 15 de xullo ata ó 26 de agosto do 2007. Estas contribucións poderán ser enviadas o seguinte enderezo de correo, secretario@glug.es.

A selección dos traballos estará baseada na novidade e calidade do traballo e na adecuación aos tópicos de interese, intentando promover a participación de tódolos LUGs.

Atentamente, o Comité Organizador.”

Entre as entidades colaboradoras que apoian este evento atópanse:

 

Fonte: http://www.glug.es/node/2361

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal