Vendo a páxina de GALPon, vemos que a Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da súa Área de Innovación Educativa e dentro do Programa de formación permanente de profesorado, anuncia que está aberto o prazo de preinscrición no curso «Redacción de documentos científicos co procesador de textos LaTeX» que se realizará no campus de Vigo durante o mes de xuño e xullo de 2007.
Pódese consultar máis información do curso no enderezo:
http://apv.uvigo.es/redaccion_latex
Todas aquelas persoas que estean interesadas en matricularse deberán entrar na Plataforma de Xestión Académica Bubela.
- Se é a PRIMEIRA VEZ que entras en Bubela e non estás rexistrado/a, entón teraste que dar de alta como novo usuario/a. Entra en Bubela e preme na pestana «Novos usuarios/as» ou ben no texto «Se aínda non ten conta de usuario e quere darse de alta, prema aquí». A continuación, enche os datos que se solicitan, é moi importante que lembres o teu nome de usuario e a túa clave. Cando remates preme en «Aceptar» e xa estarás rexistrado/a. Agora xa podes matricularte no curso entrando no catálogo de cursos e premendo no botón «preinscribir» do curso.
- No caso de que sexas un USUARIO/A REXISTRADO en Bubela, simplemente introduce o teu nome de usuario e a túa clave no cadro superior da esquerda, entrarás na páxina de inicio de Bubela. Preme en «Catálogo de cursos» e preme no botón «matricular» do curso.
Secretaría da vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa
Reitoría, 3º andar.
Campus universitario, 36310 VIGO
Teléfono: 986 81 20 35 / 986 81 35 96/ 986 81 19 56/ 986 81 35 86
Fax:986813818
Correo electrónico: vic.fie@uvigo.es
Páxina web: http://www.uvigo.es/formacion/index.gl.htm
