Curso de redacción de documentos científicos co procesador de textos LaTex na Universidade de Vigo

Curso de redacción de documentos científicos co procesador de textos LaTex na Universidade de Vigo

http://www.mancomun.org/images/stories/escudo.pngVendo a páxina de GALPon, vemos que a Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da súa Área de Innovación Educativa e dentro do Programa de formación permanente de profesorado, anuncia que está aberto o prazo de preinscrición no curso “Redacción de documentos científicos co procesador de textos LaTeX” que se realizará no campus de Vigo durante o mes de xuño e xullo de 2007.

Pódese consultar máis información do curso no enderezo:
http://apv.uvigo.es/redaccion_latex

Todas aquelas persoas que estean interesadas en matricularse deberán entrar na Plataforma de Xestión Académica Bubela.
 

  1. Se é a PRIMEIRA VEZ que entras en Bubela e non estás rexistrado/a, entón teraste que dar de alta como novo usuario/a. Entra en Bubela e preme na pestana “Novos usuarios/as” ou ben no texto “Se aínda non ten conta de usuario e quere darse de alta, prema aquí”. A continuación, enche os datos que se solicitan, é moi importante que lembres o teu nome de usuario e a túa clave. Cando remates preme en “Aceptar” e xa estarás rexistrado/a. Agora xa podes matricularte no curso entrando no catálogo de cursos e premendo no botón “preinscribir” do curso.
  2. No caso de que sexas un USUARIO/A REXISTRADO en Bubela, simplemente introduce o teu nome de usuario e a túa clave no cadro superior da esquerda, entrarás na páxina de inicio de Bubela. Preme en “Catálogo de cursos” e preme no botón “matricular” do curso.

Secretaría da vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa
Reitoría, 3º andar.
Campus universitario, 36310 VIGO
Teléfono: 986 81 20 35 / 986 81 35 96/ 986 81 19 56/ 986 81 35 86
Fax:986813818
Correo electrónico: vic.fie@uvigo.es
Páxina web: http://www.uvigo.es/formacion/index.gl.htm

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal