DimDim lanza plataforma de conferencia Open Source

O código fonte de Dimdim foi liberado baixo a licenza aprobada de Código Aberto Mozilla Public License (MPL). Está dispoñible para a descarga na web www.dimdim.com e en sourceforge.

Neste primeiro lanzamento público, DimDim xa integra vídeo, VoIP, chat de texto, a posibilidade de compartir pantalla / aplicacións e aínda que esta funcionalidade non cumpre con todo o conxunto de prestacións anunciadas orixinalmente, impresiona ben na súa capacidade de brindar unha alternativa moi completa a solucións comerciais típicas.

DimDim está dispoñible para windows e para linux e os asistentes a unha conferencia poden usar diferentes navegadores. Tamén permite a tradución a diferentes idiomas e a integración coa plataforma de teleformación Moodle. A versión actual é unha Alpha.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidad

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal