- Abrir o OpenOffice
- Abrir o asistente de instalación de dicionarios do OpenOffice, e que se pode atopar no menú «Ficheiro->Asistentes->Instalar novos dicionarios».
- Seleccionar o idioma do asistente de instalación pulsando no idioma correspondente.
- Pulsar no botón de «Executar DicOOo» do idioma que queiras usar durante a instalación.
- Agora debería abrirse unha pequena ventá co asistente.
- Para instalar o dicionario on-line deberemos pulsar simplemente «Seguinte» (Tamén se pode instalar o dicionario se xa o tes descargado, usando a opción de «Instalación dun paquete de dicionarios xa descargado»)
- Aparece a ventá de dicionarios ortográficos. Pulsamos en «Recuperar o listado» e aparecerán os dicionarios dispoñibles na web do OpenOffice.
- Seleccionamos «Galician (Spain)» e pulsamos en «Seguinte».
- Os seguintes tipos de dicionarios non están dispoñibles en galego, polo tanto premeremos «Seguinte» dúas veces.
- O asistente avisaranos que empezará a descargar os dicionarios e instalaraos.
Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
