Publicado o libro "Copyleft. Manual de uso" pola editorial Traficantes de Sueños

A Editorial Traficantes de sueños vén de anunciar a publicación do libro «Copyleft. Manual de uso» baixo unha licenza [[Creative Commons]].
O libro está escrito por varios autores e pretende ser unha ferramenta práctica para que as persoas que traballan nos distintos eidos da creación poidan ter unhas referencias mínimas para entender a cultura libre e o mundo [[copyleft]].

O Manual ofrece información sobre a implementación deste tipo de licenzas e a importancia do copyleft en ámbitos tan distintos como o vídeo, o software, a edición, a música, o arte ou o dereito.
Disponse dunha web propia onde se pode descargar, actualmente, o pdf e máis adiante unha coidada versión html. A edición en papel pode adquirirse por só 10 euros en Traficantes de Sueños e a partir desta semana nas librerías.

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal