- No asunto do correo electrónico, poñer o nome da persoa candidata para o «Premio polo avance do Software Libre» ou poñer o nome do proxecto para o «Premio para o proxecto de Beneficio Social».
- Incluír, no corpo da mensaxe, unha explicación (40 liñas ou menos) do traballo que fixo a mencionada persoa e por que pensas que é especialmente relevante para o premio que a propós…
- Indicar, tamén no corpo da mensaxe, onde atopar o material (software, manuais, publicacións, etc…) nos que se basea a túa petición.
Pódese atopar información sobre os gañadores de pasadas edicións na seguinte ligazón: http://www.fsf.org/awards.
Dentro dos premios haberá varias categorías:
- «Premio polo avance do Software Libre»:
O premio da FSF polo avance do Software Libre será entregado por Richard Stallman á persoa que fixera máis méritos contribuíndo ao progreso e desenvolvemento do Software Libre, a través de actividades acordes co espírito do Software Libre.O último ano, o gañador foi Theodore Ts’o pola súa contribución ao kernel de GNU/Linux, Kerberos, ONC RPC e outros traballos. Outros gañadores deste premio foron: Andrew Tridgell, Theo de Raadt, Alan Cox, Miguel de Icaza, Larry Lessig, Brian Paul, Guido van Rossum e Larry Wall.
- «Premio para o proxecto de Beneficio Social»:
O premio recoñece o proxecto que beneficie máis á sociedade a través da colaboración para obter unha importante tarefa social.
Os anteriores gañadores deste premio foron a Wikipedia no 2005 e o proxecto Sahana no 2006.
O proxecto Sahana creouse tralo tsunami que devastou o sueste asiático no 2004 para tentar axudar nas tarefas de xestión, distribuíndo axuda e coordinando voluntarios.
No caso dos dous premios, ningún dos anteriores premiados poderá ser elixido de novo para estas edicións.
Máis información na páxina da Free Software Foundation:
http://www.fsf.org/news/2007FSAwardsCall
