Envía as túas nominacións para os premios de Software Libre 2007

Envía as túas nominacións para os premios de Software Libre 2007
http://www.mancomun.org/images/stories/logo.jpg.png Durante este mes anunciouse a apertura da presentación de candidaturas ao premio de Software Libre 2007 que organizan conxuntamente a Free Software Foundation (FSF) e máis GNU Project. O prazo de presentacións está aberto até o 31 de outubro.
 
Para enviar os teus candidatos hai que mandar un correo electrónico a award-nominations@gnu.org co seguinte formato:
  • No asunto do correo electrónico, poñer o nome da persoa candidata para o “Premio polo avance do Software Libre” ou poñer o nome do proxecto para o “Premio para o proxecto de Beneficio Social”.
  • Incluír, no corpo da mensaxe, unha explicación (40 liñas ou menos) do traballo que fixo a mencionada persoa e por que pensas que é especialmente relevante para o premio que a propós…

  • Indicar, tamén no corpo da mensaxe, onde atopar o material (software, manuais, publicacións, etc…) nos que se basea a túa petición.

Pódese atopar información sobre os gañadores de pasadas edicións na seguinte ligazón: http://www.fsf.org/awards.

Dentro dos premios haberá varias categorías: 

  • “Premio polo avance do Software Libre”:
    O premio da FSF polo avance do Software Libre será entregado por Richard Stallman á persoa que fixera máis méritos contribuíndo ao progreso e desenvolvemento do Software Libre, a través de actividades acordes co espírito do Software Libre.

    O último ano, o gañador foi Theodore Ts’o pola súa contribución ao kernel de GNU/Linux, Kerberos, ONC RPC e outros traballos. Outros gañadores deste premio foron: Andrew Tridgell, Theo de Raadt, Alan Cox, Miguel de Icaza, Larry Lessig, Brian Paul, Guido van Rossum e Larry Wall.

  • “Premio para o proxecto de Beneficio Social”:
    O premio recoñece o proxecto que beneficie máis á sociedade a través da colaboración para obter unha importante tarefa social.
    Os anteriores gañadores deste premio foron a Wikipedia no 2005 e o proxecto Sahana no 2006.
    O proxecto Sahana creouse tralo tsunami que devastou o sueste asiático no 2004 para tentar axudar nas tarefas de xestión, distribuíndo axuda e coordinando voluntarios.

No caso dos dous premios, ningún dos anteriores premiados poderá ser elixido de novo para estas edicións.

Máis información na páxina da Free Software Foundation:
http://www.fsf.org/news/2007FSAwardsCall

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal