X-Road é un software iniciado no 2001 polo Departamento Estatal de Sistemas de Información de Estonia e liberado baixo a licenza MIT. Este proporciona unha capa de integración que permite o intercambio de información de xeito distribuída (a información é almacenada onde é creada), de forma segura e mediante estándares a través de internet.
O enfoque desta solución está posto na interconexión entre os sistemas de información existentes na administración dun país e ofrecer servizos dispoñibles a través da plataforma, tanto para a cidadanía xeral como para empresas. Debido a que a información a manexar polo sistema son datos sensíbeis e protexidos polas leis de protección de datos o sistema X-Road conta con varios mecanismos de seguridade implementados para garantir a confidencialidade, autenticidade e integridade dos datos que se manexan e distribúen a través do mesmo.
Algunhas das características de X-Road son:
- Xestión de enderezos
- Encamiñamento de mensaxes
- Xestión do control de acceso
- Cifrado de información a nivel de transporte
- Sinatura dixital de mensaxes
- Marcado de tempo
- Autenticación a nivel de organización
- Manexo de erros e logging