O día 26 deste mes remata o prazo para presentar as contribucións sobre os temas que se tratarán nas “II Xornadas de software libre na USC” que terán lugar o 19, 20 e 21 de setembro na Universidade de Santiago, e que están organizadas por AULUSC (Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela) e mais GLUG (Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza).
Os principais temas de interese que se van a tratar nestas xornadas son:
- Servizos de redes: servidor de correo, [[DNS]], Web, compartimento de ficheiros, autenticación,…
- Balanceo de carga en redes
- Seguridade en redes: asegurar un servidor ou servizos, IPTables, VLANs, seguridade en redes sen fíos,…
- Tecnoloxías de redes: redes WiFi, WiMax, UMTS/HSDPA,…
- Instalación e configuración de clusters.
- Ferramentas de virtualización: Xen, QEMU,…
- E outros que se vos ocorran sobre a mesma temática…
No tocante ao formato dos traballos existen dúas posibilidades: obradoiros e relatorios. Os obradoiros deberán ter un carácter práctico cunha duración de entre tres e catro horas. As propostas de obradoiros deberán especificar os requisitos de hardware e software precisos ou aconsellables para a sua realización. Os relatorios terán unha extensión de dúas horas aproximadamente.
Aínda estades a tempo, ata o vindeiro domingo, para enviar as vosas contribucións ao enderezo de correo secretario@glug.es.
