Finaliza o prazo do "call for papers" para as II Xornadas de Software Libre na USC

O día 26 deste mes remata o prazo para presentar as contribucións sobre os temas que se tratarán nas II Xornadas de software libre na USC que terán lugar o 19, 20 e 21 de setembro na Universidade de Santiago, e que están organizadas por AULUSC (Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela) e mais GLUG (Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza).

Os principais temas de interese que se van a tratar nestas xornadas son:

  • Servizos de redes: servidor de correo, [[DNS]], Web, compartimento de ficheiros, autenticación,…
  • Balanceo de carga en redes
  • Seguridade en redes: asegurar un servidor ou servizos, IPTables, VLANs, seguridade en redes sen fíos,…
  • Tecnoloxías de redes: redes WiFi, WiMax, UMTS/HSDPA,…
  • Instalación e configuración de clusters.
  • Ferramentas de virtualización: Xen, QEMU,…
  • E outros que se vos ocorran sobre a mesma temática…

No tocante ao formato dos traballos existen dúas posibilidades: obradoiros e relatorios. Os obradoiros deberán ter un carácter práctico cunha duración de entre tres e catro horas. As propostas de obradoiros deberán especificar os requisitos de hardware e software precisos ou aconsellables para a sua realización. Os relatorios terán unha extensión de dúas horas aproximadamente.

Aínda estades a tempo, ata o vindeiro domingo, para enviar as vosas contribucións ao enderezo de correo secretario@glug.es.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal