Está dispoñible a nova versión de Flickr Uploadr 3.0 que trae como gran novidade a liberación do seu código mediante a licenza GPLv2.
Ademais esta nova versión tamén inclúe un completo redeseño, moi optimizado para ser máis eficiente coa xestión das nosas imaxes, permitíndonos dun xeito doado engadir e/ou cambiar nomes a imaxes, descricións, etiquetas e niveis de acceso. Tamén nos permite organizar as nosas imaxes ordenándoas desde a propia aplicación, podendo crear carpetas de imaxes sen estar conectados a internet (nun primeiro momento). Unha vez que teñamos conexión a internet, o programa rematará todas as tarefas pendentes.