Nomeáronse como finalistas 18 proxectos e resultaron gañadores 6 deles, un por cada unha das seguintes categorías: Seguridade, Xestión empresarial, Educación , Xogos/multimedia, aplicacións para o sector público e aplicacións científicas.
Este ano foi concedido por vez primeira o Premio especial do xurado, escollendo un proxecto de entre todas as categorías pola súa natureza innovadora e déuselle ao proxecto científico Bioclipse, do departamento de Biociencia Farmacéutica da universidade de Uppsala, en Suecia. Este proxecto ten por obxectivo crear unha plataforma visual para quimio y bioinformática baseada en Eclipse Rich Client Platform (RCP).
A lista de gañadores do 2007 é:
-
Seguridade: rsyncrypto (Israel). Aplicación de encriptación de ficheiros que permite a sincronización do ficheiro orixinal e o ficheiro encriptado.
-
Xestión empresarial: LimeSurvey (Alemania). Ferramenta de enquisas que permite aos usuarios crear os seus propios cuestionarios cun número ilimitado de preguntar. As enquisas créanse dende unha interface de administración.
-
Educación: Chronojump (España). Sistema completo para a medición, xestión e xeración de estatísticas de saltos e outras accións.
-
Xogos/Multimedia: mediabox404 (France). Solución de automatización de radio na web para o control do fluxo dos programas musicais.
-
Sector público: DRBL (Taiwan). Sistema de arranque remoto sen disco en Linux. Proporciona un contorno de arranque sen disco ou sistema para equipos clientes.
-
Software científico: SAGE (United States) permite usar e estudar un amplo rango de áreas matemáticas como álxebra, cálculo, cálculo numérico, teoría de grupos …
Fonte: Les trophées du libre
