Google únese á OpenDocument Alliance

Google vén de se unir á ODF Alliance

Google, propietaria do procesador online writely xa ofrece soporte ao formato odf. A recente folla de cálculo online, lanzada por Google hai un par de meses, aínda non da soporte a este formato, pero logo desta unión á alianza, semella que Google vai apostar polo estándar odf.

Will Rodger, director de políticas públicas na Computer and Communications Industry Association (CCIA) dixo que «cando unha compañía coma Google pon o seu nome detrás dun esforzo para promover o formato OpenDocument é sinal de que non se trata dunha tecnoloxía de paso, senón dunha que avanza firme e rapidamente».

Por outra banda, Stephen O’Grady, analista de RedMonk, dixo que o apoio de Google pode traer consigo unha ampla base de usuarios. «Se Google inclúe soporte para odf na folla de cálculo, e mesmo en Gmail, estaremos a falar dun gran número de usuarios que estarán a usar e crear documentos nese formato».
 
Fonte: ZDNet 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal