Iniciativa para reunir información xurídica sobre software libre

A Cátedra de Software Libre da Universidade Politécnica de Cataluña ten como obxectivo  impulsar e coordinar proxectos de software libre dentro e fóra da Universidade. Funciona como unha comunidade de software libre, con regulamento propio e grupos de traballo con intereses comúns que se autoxestionan.

Un deles é o grupo de traballo GT-Llicències que comezou un proxecto de difusión e creación de coñecemento técnico-legal en relación ao software libre. O seu obxectivo é responder as dúbidas que teñan os actores do sector das TIC, e os potenciais usuarios, en relación co desenvolvemento, distribución e adopción de aplicacións, programas e » solucións» baseadas en software libre.

Pódenselles consultar aspectos legais do software libre enviando cuestións a portallegal-pmf@cpl.upc.edu. Non contestan directamente, pero a resposta será incorporada nunha lista publicada no seu «Portal Legal «.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidad

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal