Innovación convoca axudas para o fomento da sociedade da información en empresas e asociacións

A Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información convoca axudas para o investimento das empresas en materia de sociedade da información e promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información. No caso das primeiras axudas valorarase na concesión das axudas o emprego de código aberto e os proxectos baseados en Software Libre poderán obter un 10% de investimento subvencionable adicional.
 
Ámbalas dúas liñas de axuda suman máis de 4.200.000 euros en investimentos e están na liña dos obxectivos de desenvolvemento e progreso económico e social marcados polo Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información(PEGSI). O prazo límite de presentación a estas axudas é o 25 de maio e o máximo subvencionable son 60.000 euros.

As axudas das empresas buscan o cumprimento de tres obxectivos básicos do PEGSI: o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, a aplicación das TIC ao tecido empresarial galego e seguir unha estratexia de interoperabilidade, seguridade e coñecemento aberto que afecta ás dúas anteriores e promove o emprego dos estándares abertos para garantir a autonomía tecnolóxica do tecido empresarial galego e fomentar a súa capacidade de innovación.  Ademais non se abonará en ningún caso custes de licenza de software dos proxectos seleccionados.

As axudas ás empresas contemplan cinco liñas básicas:

  • Infraestrutura interna das empresas para a sociedade da información: Destinado á dotación de infraestruturas TIC.
  • Aplicacións informáticas nas empresas para a sociedade da información: Empresas de calquera sector que adopten as TIC a través de melloras substanciais nos elementos centrais dos seus sistemas de información. Nesta liña recóllese un apartado para a implantación de aplicacións informáticas baseadas en código aberto e realizadas para o solicitante, ou adaptación en profundidade de aplicacións informáticas baseadas en código aberto, destinadas aos sistemas centrais de información e de xestión de empresas solicitantes. 
  • Apoio ao desenvolvemento do sector TIC: Destinada ás empresas TIC busca xerar novos produtos e servizos. Tamén hai un apartado específico adicado ao código aberto no que se promove a liberación do código no repositorio galego A Forxa.
  • Formación técnica e promoción do sector das TIC: Orientada á formación interna das empresas TIC.
  • Apoio ás empresas TIC no sector audiovisual: Axudas específicas ás empresas TIC que xeran novos produtos e servizos audiovisuais.

Axudas a asociacións 

A segunda convocatoria está destinada a promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información. Poden acollerse a estas axudas as entidades sen ánimo de lucro e, especificamente, universidades e colectivos de persoas desfavorecidas.

Subvencionaranse a instalación de aulas de formación, a organización de eventos ou o material de promoción entre outros conceptos.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidad

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal