Ryan Finnie anunciou a liberación de Finnix 90.0, un live CD baseado en Debian testing deseñado para administradores de sistemas. Finnix 90.0 liberouse paras plataformas x86/AMD64, PowerPC e UML/Xen.
Esta nova versión inclúe:
-
Linux Kernel 2.6.22.
-
Sistemas de arranque máis rápido.
-
Posibilidade para arrancar dende dispositivos SATA CD-ROM e DVD-ROM.
-
Soporte para os sistemas de ficheiros Unionfs 2 e Aufs.
Finnix 90.0 pode descargarse dende a seguinte ligazón.
Fonte:
http://distrowatch.com
