Dous proxectos empresariais vinculados coa Escola Informática de Ourense terán presenza no SIMO

Dous proxectos empresariais xurdidos da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense resultaron premiados cun espazo, denominado viveiro, no SIMO, a máis grande feira internacional de informática multimedia e comunicacións.  As empresas Redegal e Imagos foron elixidos con outros cincuenta proxectos de novos emprendedores con propostas relevantes tecnoloxicamente para contar cun espazo gratuíto neste gran evento.

Imagos está formada polos creadores e actuais líderes do Proxecto Trisquel que ten por obxectivo a construción dun sistema operativo libre de alta calidade en galego normativo. Imagos tamén desenvolveu a Trisguel GNU/Linux PyME, unha distribución orientada a pequenas e medianas empresas.

Redegal presentará a súa solución Sketch Arm que permite a reducción do tempo en deseño de armarios feitos a medida. O investigador da escola de Ourense, Celso Campos, está a desenvolver unha versión para Linux desta aplicación. Ademais Redegal tamén presentará unha solución que  permitirá conectar redes sen fíos nas zonas rurais a través do emprego de Software Libre e na que colaboran os profesores Javier Rodeiro Iglesias e Miguel Díaz-Cacho Medina.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal