Mancomun.org acaba de liberar en A Forxa a ferramenta que permite facer buscas sobre corpus lingüísticos. O software está baseado no programa Xesterm construído por imaxin|software.
Mancomun.org mellorou este programa ampliando as súas funcionalidades:
– Mellora nas opcións de visualización.
– Busca por proxectos (corpus).
– Lectura de máis formatos de ficheiros de tradución.
– Inclúe opcións de accesibilidade.
– Corrección de erros arrastrados dende a anterior versión.
A licenza do software é GPL e o proxecto está aberto a calquera colaboración.