Mavscript, software para a realización de operacións alxebraicas sobre documentos

Mavscript é un software, desenvolvido en Java, para realizar cálculos sobre un documento de texto (.txt, .odt, .sxw, .html, .svg ou outros formatos de texto) devolvendo o resultado das operacións. 

Mavscript emprega un sistema de álxebra para computación, Yacas, que realiza a manipulación simbólica de expresións matemáticas. Facendo uso dun documento como modelo, cunha sintaxe propia, rastrea o documento realizando os cálculos.

O obxectivo de Mavscript non é competir coas follas de cálculo senón permitir realizar cálculos en documentos de texto onde as funcionalidades matemáticas están máis limitadas. A desvantaxe respecto das follas de cálculo é a falta de interactividade, especialmente no uso de gráficas que dependen dos resultados.

Mavscript, ferramenta para cálculos alxebraicos sobre documentos de texto

Mavscript procesando un documento de OpenOffice.org

Mavscript traballa sobre GNU/Linux, MS Windows, Mac OS X ou outros sistemas que conten coa máquina virtual Java 1.4 ou superior. Mavscript ten licenza GNU/GPL e pódese descargar dende a forxa de BerliOS.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal