Mumble é un cliente de comunicación vía voz que permite interactuar cos compañeiros de partida mentres se xoga online. A versión actual é a 1.0, está dispoñible para Windows e GNU/Linux. Na descarga deste cliente tamén se inclúe o servidor Murmur.
De acordo cos seus autores, Mumble ofrece unha latencia moito máis baixa que os seus competidores e unha mellor calidade de son. Conta tamén cunha función para desactivar o eco (e evitar repeticións da propia voz nos altofalantes doutros xogadores).
Mumble ten soporte para audio posicional, é dicir, lograr que a voz dos compañeiros de xogo proveña do sitio onde está o seu personaxe. Esta capacidade funciona a modo de plug-in para cada xogo e de momento só está compatible o de Battlefield 2.
Descarga do Mumble:
http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=147372