O proxecto da tarxeta de crédito VISA Linux Fund que naceu no 1999 está volvendo a coller pulo. O proxecto ten como obxectivo “xuntar diñeiro por medio das compras que fagan os [[geek]]s coa súa tarxeta VISA Linux”. Con cada compra, as entidades emisoras das tarxetas doan unha determinada cantidade de diñeiro á iniciativa Linux Fund. Este diñeiro que se xunta, logo dóase á FSF e outros proxectos importantes dentro do mundo do código aberto.
A tarxeta de crédito só pode ser solicitada por habitantes de Estados Unidos e Canadá, e desde que comezou o proxecto no 1999, a organización doou máis dun millón e medio de dólares…
Máis información na fonte orixinal ou na páxina do proxecto:
http://alternaria.blogspot.com
http://www.linuxfund.org