Nova versión 3.0 de DeVeDe, software de gravación de DVD

Nova versión 3.0 de DeVeDe, software de gravación de DVD

http://www.mancomun.org/images/stories/devede.pngDeVeDe é un programa para a creación de vídeo CD e DVD que foi desenvolvido por un vigués chamado Sergio Costas.

DeVeDe permite crear un CD ou DVD de vídeo con calquera número de ficheiros e en calquera formato reproducible por Mplayer.

A gran novidade nesta versión 3.0 é que agora DeVeDe permite engadir un menú cos títulos e fondos gráficos totalmente personalizable, aínda que non chega ao nivel doutras ferramentas. Podedes consultar a lista completa de cambios premendo en ler máis…

 

  • Permite engadir un menú ao DVD coa lista de títulos e unha imaxe de fondo personalizada
  • Permite gravar a estrutura do disco, para reutilizala ou para seguir traballando noutro momento.
  • Permite escoller até 448kbit/sec para o son.
  • Pide confirmación antes de cancelar un traballo.
  • Fonte un pouco máis grande para os subtítulos.
  • Usa a extensión .AVI ao xerar ficheiros DivX.
  • Corrixido un bug con ‘locales’ no UTF-8.
  • Corrixida a tradución da mensaxe «Non hai suficiente espazo libre…».
  • Corrixido un bug ao borrar ficheiros e directorios conflitivos.
  • Corrixido un bug cando se crea un [[DivX]] co mesmo tamaño final que o orixinal.
  • Agora, se a conversión das películas falla, non amosa unha mensaxe de «Todo correcto».

En www.guia-ubuntu.org teñen dispoñible unha guía de usuario para DeVeDe (ademais doutro moito software) para aprender a instalar e manexar o software.

DeVeDe só necesita ter instalado os seguintes paquetes para funcionar: Mplayer, Mencoder, DVDAuthor, VCDImager, MKisofs, Python 2.4, PyGTK e PyGlade.

Outros software de gravación de DVD tamén son: ‘Q’ DVDAuthor (unha interface gráfica desenvolvida en Qt para DVDAuthor) ou ManDVD.

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal