Mancomún

Nova versión de Urban Terror

Urban Terror é un mod para [[Quake 3]] que permite meterse na pel dun marine ou dun terrorista, ambos cun completo arsenal de novas e realistas armas. Este mod cambia todo o xogo por completo, non soamente introduce armas, se non que tamén engade novos skins, novos mapas, voces, etc…

A última versión é a 4.1 de Urban Terror e pode ser xogada en GNU/Linux, Mac OS e Windows. Agora pódese utilizar o cliente ioUrbanTerror, baseado no proxecto [[GPL]] ioquake3, co que non é necesario dispoñer dunha copia do Quake 3.

 

A lista de novidades nesta versión é a seguinte:

  •  Sistema de baneo por IP.
  •  Protección contra nomes duplicados, agora dous xogadores non poden ter o mesmo nome, aínda que para iso, agora non pode haber espazos no nome.
  •  Elimináronse os skins brancos.
  •  Actualizáronse os mapas e engadíronse algúns novos.
  •  Actualizada a interface de usuario e as opcións por defecto.
  •  Non se poden realizar votacións nos primeiros 60 segundos de cada mapa.
  •  Realizáronse diversos axustes na xogabilidade
  •  Corrixíronse varios erros.

É necesario descargar o xogo completo desde a páxina oficial, non hai parches de actualización e requírese desinstalar as versións previas para un correcto funcionamento.

Descarga: Urban Terror  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal