Mancomún

Nova versión do boletín de novas de Mancomun.org preparado para a súa impresión

En Mancomun.org levamos tempo ofrecendo o servizo de envío do boletín de novas semanais en formato HTML aos usuarios rexistrados da nosa web.

O boletín en HTML é un mero resumo das novas aparecidas na web durante a semana, así como dos eventos relacionados co Software Libre que haberá na seguinte semana. A calidade visual e de impresión do boletín dista moito do desexado para poder imprimir xa que, pensando en que ocupe o menos posible na vosa caixa de correo electrónico, decidimos usar o formato HTML.

Pois ben, agora decidimos crear un boletín de novas cun formato óptimo para a súa impresión, mellorando ademais a súa maquetación. Este boletín, en formato PDF, poderédelo atopar todos os venres pola tarde na sección de descargas na categoría de «Documentos» e no cartafol de «Boletín de Mancomun.org».

Aquí tendes a primeira entrega do mesmo:
Boletíns semanais de Mancomun.org

Calquera suxestión sobre o formato ou contido do mesmo enviádenola ao enderezo:
mancomun@mancomun.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal