Platinum Arts Sandbox: deseño de xogos ao alcance dos nenos

Platinum Arts Sandbox (caixa de area para crear xogos infantís) é un instrumento de deseño de xogos que permite aos usuarios crear fácil e rapidamente os seus propios xogos, incluso cooperativamente. A ferramenta, segundo conta o autor na súa páxina, «úsase actualmente nun colexio de secundaria en Illinois e foi usada durante un campamento de verán para nenos noutra escola. Ademais de que varios colexios contactaron comigo para usar a ferramenta.»

Cabe mencionar a galería de imaxes da ferramenta onde se poden ver exemplos de uso da mesma por nenos de corta idade…

Ademais na web, atópanse ligazóns a outros recursos educativos tamén en Software Libre, tales como:
http://childsplay.sourceforge.net/
http://tuxpaint.org/

Páxina de Platinum Arts Sandbox:
http://www.kids.platinumarts.net/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal