A Comisión Europea lexisla a favor de liberar o seu software

martes, 18 enero 2022
A Comisión Europea lexisla a favor de liberar o seu software

Grazas á aprobación desta lexislación as solucións de software que se desenvolvan baixo as ordes da Comisión deberán estar amparadas baixo licenzas libres. Deste xeito introdúcense facilidades para a liberación de software, tanto de futura creación como de solucións que xa posúa a propia Comisión, alén dos propios beneficios que pode ter na sociedade como a redución de custos debido á reutilización de código tanto nas institucións europeas como en empresas tecnolóxicas.

A Comisión tamén prevé realizar a liberación das solucións nun repositorio de cara a facilitar o acceso ao código fonte, ademais de realizar varias verificacións e auditorías de seguridade, protección de datos, etc. A decisión de centralizar o código das solucións nun único sitio traerá facilidades para difusión dos programas, para a súa revisión e para o mantemento técnico.

Outra boa nova para a comunidade do software libre é que dende a Comisión permitirán aos desenvolvedores de software contribuír con outros proxectos aplicando compoñentes ou melloras que teñan desenvolvido como parte do seu propio traballo. Un fenómeno importante do que existen algunhas queixas nas comunidades de desenvolvemento é que as solucións derivadas tiran proveito de proxectos libres sen dar nada a cambio e que grazas a esta medida, polo menos os esforzos de traballos de adaptación por parte dos desenvolvedores do ente europeo quedarán liberados para que poidan ser reutilizados pola comunidade.

En resumo, estas novidades lexislativas redundan nunha mellora xeral para a sociedade xa que o software libre contribúe ao PIB de toda a Unión Europea entre 65 e 95 mil millóns de euros como se apunta nun informe publicado en setembro titulado «Study about the impact of open source software and hardware on technological independence, competitiveness and innovation in the EU economy» no que se fai a previsión de que aumente a participación da Unión Europea no desenvolvemento do software libre nun 10%, que se traducirá nun aumento do PIB entorno ao medio punto porcentual (sobre 100.000 millóns de euros).

Balance do Plan de Acción 2023

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidad

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal