Cambios en Thunderbird

jueves, 2 marzo 2023
Cambios en Thunderbird

No blogue oficial de Thunderbird anunciouse que se está reconstruíndo a interface de usuario desde cero. Os responsables explicaron que:
“co lanzamento deste ano de Thunderbird 115 ‘Supernova’, estamos a facer moito máis que outro lanzamento anual. É unha revisión modernizada do software, tanto visual como tecnicamente. Thunderbird está a experimentar unha reelaboración masiva desde cero para desfacerse de toda a débeda técnica e de interface acumulada nos últimos 10 anos”.

Contan con tres obxectivos principais durante próximos tres anos:
– Facer que a base de código sexa máis áxil e confiable
– Reconstrución da interface desde cero para crear un sistema de deseño consistente, ademais de desenvolver e manter unha interface de usuario adaptable e extremadamente personalizable.
– Cambiar a un calendario de lanzamentos mensuais.

Tamén comentaron:

“Millóns de usuarios activos, colaboradores, doantes e simpatizantes dedicaron horas e horas do seu tempo libre para garantir unha ferramenta usable e útil para tantos. E fixeron un gran traballo, algo polo que estamos eternamente agradecidos. A nosa comunidade respondeu e adaptouse ao escenario que atoparon, e trataron de sacar o mellor de el”.

Vídeo cos plans sobre Thunderbird

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal