Conversacións sobre dereitos dixitais e coñecemento libre

miércoles, 24 febrero 2021
Conversacións sobre dereitos dixitais e coñecemento libre

Wikimedia España arrinca o ano 2021 cunha serie de conversacións sobre dereitos dixitais e coñecemento libre. En cada entrevista analizan algúns dos retos en materia de políticas públicas xunto a unha persoa referente en materia de dereitos humanos no ámbito dixital.

Conversacións sobre dereitos dixitais

Na primeira conversa, Virginia Díez (Responsable de Comunicación e Políticas Públicas en WMES) entrevista a Diego Naranjo (Director de Políticas Públicas en eDri).

Diego explica o que fai eDri, a rede europea para a defensa dos dereitos dixitais e que se entende por dereitos dixitais. Durante a entrevista explícanse algúns conceptos importantes para a defensa dos dereitos humanos na contorna dixital.

Nesta segunda entrevista, Virginia Díez fala con Ariadna Matas (Asesora de políticas en Europeana). Europeana é unha organización con foco na defensa do dominio público. Ariadna explica, nesta entrevista, como xorde a propiedade intelectual e cales son as tensións existentes entre dereitos de autoría e dereitos de acceso ao coñecemento. Ariadna fai un repaso ás oportunidades e ameazas que supón esta transposición para a cultura libre.

Podedes acceder ao listado completo de reprodución das charlas en formato vídeo nesta ligazón:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLj1KaaNn92UIe8YApHQcV4vcYTg191Ci2

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal