Curso sobre Woocommerce na aula CeMIT de Boiro

martes, 18 mayo 2021
Curso sobre Woocommerce na aula CeMIT de Boiro

Os días 24, 25, 26 e 27 de maio, en horario de 10.00 a 12.00, terá lugar o Curso sobre Woocommerce organizado pola aula CeMIT de Boiro en formato online.

Woocommerce

Se necesitas construír un sitio web de comercio electrónico, Woocommerce é unha das plataforma máis populares do mundo, personalizable e de software libre, construída sobre WordPress.

Engadindo o plugin Woocommerce a calquera sitio de WordPress, poderemos crear unha nova tenda en poucos minutos de forma gratuíta e ter estatísticas en tempo real das ventas. Woocommerce é totalmente personalizable, co cal poderás vender desde clases de ximnasia ata coches de luxo.

Poderás engadir características e funcionalidades coas extensións oficiais de Woocommerce desde o seu Marketplace. E tamén poderás dirixir a túa tenda desde calquera lugar do planeta, coa aplicación Woocommerce Mobile para dispositivos móbiles (Android e iOS).

En resumo, poderemos deseñar un sitio de venda en liña atractivo, profesional e que responda ás necesidades dos nosos clientes, optimizado para dispositivos móbiles e crear o escaparate perfecto para a túa marca sen necesidade de coñecementos informáticos.

Inscrición

Tedes toda a información na web municipal e na aula CeMIT do Concello de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou vía Whatsapp no 629 769 139.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal