Django 3.2 dispoñible

lunes, 12 abril 2021
Django 3.2 dispoñible

Xa está dispoñible unha nova versión do framework web  escrito en Python, Django 3.2, que ademais é unha versión de soporte longo no tempo (LTS), a cal terá polo menos durante tres anos actualizacións de seguridade.

Algunhas das novidades desta versión son melloras na automatización da configuración de aplicacións, índices funcionais ou a personalización de tipos na creación automática de claves primarias.

Máis información sobre a nova versión na noticia da páxina do proxecto ou nas notas da versión.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal