Docker non eliminará imaxes públicas

lunes, 10 abril 2023
Docker non eliminará imaxes públicas

Docker, proxecto de software libre que automatiza o despregamento de aplicacións, deu a coñecer unha desculpa pública aos usuarios pola forma en que anunciou a interrupción do servizo Free Teams.

A empresa mantén a súa decisión de eliminar Free Teams nun mes, pero renuncia a eliminar de Docker Hub as imaxes públicas das organizacións (servizo utilizado principalmente por mantedores de proxectos de software libre).

Extracto da mensaxe de Docker á comunidade:

“Pedimos desculpas pola maneira en que comunicamos e executamos a eliminación das subscricións de Docker do «Equipo gratuíto», o que causou alarma na comunidade de código aberto.”

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal