Logo de que Qt Company anunciara que as versións das bibliotecas Qt de soporte longo (LTS) só se liberaría baixo a licenza comercial de Qt, pero mantería o resto de versión intermedias coas licenzas libres que viñan adoptando, formulouse a dúbida de que pasaría co software que dependese destas bibliotecas.
Para evitar problemas de seguridade co software baseado nas versións 5.x das bibliotecas Qt a comunidade KDE anunciou que seguirá mantendo esa versión publicando parches de seguridade para que polo menos todo o software de KDE que aínda non estea preparado para se basear na nova versión 6 de Qt poida seguir sendo seguro e estar ao día coas posibles vulnerabilidades e fallos que poida ter as versións anteriores.
Os desenvolvedores de KDE, tanto das aplicacións KDE, recentemente renomeadas como KDE Gear, como da contorna de escritorio Plasma, continúan traballando tamén na adaptación de todo o software para que pase a usar Qt 6, pero todos os cambios grandes levan o seu tempo, polo que mentres, comprometéronse a continuar con esta labor mediante a iniciativa Qt5PatchCollection.
Qt5PatchCollection
Trátase dunha colección de repositorios que teñen como base os últimos cambios públicos e libres da versión 5.15 de Qt que estarán dispoñibles como software libre e que ademais de ser usados por KDE, calquera os poderá reutilizar para o seu proxecto libre.
Na páxina web deste proxecto hai máis información sobre como usar estes parches e algunhas preguntas frecuentes máis que calquera persoa que desenvolva software ou calquera usuaria podería preguntarse.
