Número 70 – Boletín Software Libre na Empresa – Marzo 2023

miércoles, 29 marzo 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como a segunda kata mensual de Embedded Rust por Eloy Coto, o webinar OSPOlogy: A Legal Guide to Open Works in Public Administration, a Akademy-es 2023 que se celebrará en Málaga xunto á Opensouthcode e un curso de LibreOffice na aula CeMIT de Boiro. Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación do artigo TIC sobre “Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Dobre factor de autenticación (2FA”) e a publicación doutro programa de Mancomún Podcast sobre a FOSDEM 2023.


Proxecto destacado

LOGO OPENTALK

OpenTalk, solución de videoconferencia de arquitectura moderna que se presenta como a alternativa europea de código aberto e con licenza EUPL a Zoom, WebEx ou Teams. Pretende demostrar que se pode conseguir calidade, rendemento, facilidade de uso e seguridade sen ter que depender dunha infraestrutura na nube con sede en EE.UU. Un proxecto comercial de código aberto, OpenTalk conta cunha licenza dobre, que se axusta perfectamente ás disposicións da EUPL: existe unha «versión Comunitaria» que pode utilizarse gratuitamente baixo unha licenza que garante a transparencia e, por outra banda, existe unha «edición Enterprise», cuxo obxectivo é garantir a sustentabilidade empresarial do proxecto e proporciona funcionalidades máis avanzadas

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal