Número 71 – Boletín Software Libre na Empresa – Abril 2023

miércoles, 26 abril 2023
Número 71 – Boletín Software Libre na Empresa – Abril 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como o taller de “Iniciación á impresión 3D” na Industriosa, a KiCad Conference (KiCon), a OSHWDem, a Atlántica Conf, a Terceira kata mensual de Embedded Rust ou a Xornada de Software Libre Científico 2023. Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación dun novo programa de Mancomún Podcast, onde falamos coas organizadoras da esLibre 2023, e a publicación doutro artigo TIC sobre “Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Escritorio remoto con RustDesk”.


Proxecto destacado

logo gimp

GIMP, solución libre para facer retoques básicos e avanzados ás nosas fotografías e tamén coa capacidade de crear deseños partindo de cero. GIMP adáptase ben tanto para usos profesionais e empresariais, como para usos menos esixentes por parte de usuarios máis básicos. GIMP é unha ferramenta extensible, flexible que se adapta a fluxos de traballo con ferramentas como Inkscape, Krita, Darktable ou Scribus. GIMP pódese usar para diferentes tarefas como son o retoque e edición de imaxes, debuxo de formas libres, cambiar o tamaño e dimensións dunha imaxe, recortar, facer fotomontaxes, converter a diferentes formatos de imaxe, alixeirar o peso do arquivo e outras tarefas máis especializadas como a edición avanzada usando ferramentas como as capas, canles de cor, niveis, curvas e moitas outras.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal