Obradoiro de iniciación a KiCad na Industriosa

martes, 16 mayo 2023
Obradoiro de iniciación a KiCad na Industriosa

O sábado 20 de maio, terá lugar no local da Industriosa en horario de 11.00 a 13.00 horas, o “Obradoiro de iniciación a KiCad”. Neste curso aprenderemos os fundamentos do deseño de circuítos electrónicos e como utilizar KiCad, o popular software de deseño de circuítos electrónicos de software libre, para crear esquemas e PCBs. Cubriremos temas como a colocación de compoñentes, uso de librerías, o trazado de pistas e a xeración de arquivos Gerber para produción.

Este curso está pensado como iniciación no deseño de circuítos electrónicos e non se require experiencia previa en KiCad ou deseño de PCB. Ao final do curso, os participantes adquirirían as habilidades necesarias para deseñar esquemas e PCBs utilizando KiCad.


Para asistir recoméndase que traias o teu portátil, con KiCad 7.0.2 instalado.

Pódelo descargar gratis de https://www.kicad.org


Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

cartel do evento
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal