Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Febreiro

viernes, 25 febrero 2022
Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Febreiro

Xa está publicado o número 91 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de Febreiro.

Logo de Moodle

O proxecto destacado deste mes é Moodle, unha das solucións de aprendizaxe en liña máis empregadas no mundo.

No apartado de novas destacamos a publicación de dous números de Mancomún Podcast, unha pílula sobre GIMP e outra sobre OpenVAS, así como a colaboración de catro cidades finlandesas para o desenvolvemento dun ERP de software libre.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidad

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal