Mancomún

Publicado o número 70 do Boletín de Software Libre para o sector empresarial

miércoles, 29 marzo 2023
Publicado o número 70 do Boletín de Software Libre para o sector empresarial


Xa está publicado o novo Boletín de Software Libre para o sector Empresarial, correspondente a este mes de marzo. O proxecto destacado deste mes é OpenTalk, solución de videoconferencia de arquitectura moderna que se presenta como a alternativa europea de código aberto e con licenza EUPL a Zoom, WebEx ou Teams.

No apartado de novas destacamos a publicación do webinar OSPOlogy: A Legal Guide to Open Works in Public Administration, a publicación do artigo TIC sobre “Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Dobre factor de autenticación (2FA”) e a publicación doutro programa de Mancomún Podcast sobre a FOSDEM 2023.

Boletín Software Libre na Empresa

Este boletín xurde polo éxito e o interese que está a ter o boletín adicado a mostrar as solucións de software libre que se están a empregar en diferentes administracións públicas. No caso deste novo boletín, tanto os proxectos e ferramentas destacadas e as novas recompiladas están orientada ao sector empresarial galego, tratando de difundir ferramentas e proxectos de software libre que poden resultar de interese para o tecido empresarial, tanto para uso propio como tamén como posible opción de xerar negocio a través del.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal